BUSQUEDA AVANZADA

CANTARES GALLEGOS

CASTRO, ROSALÍA DE

Referencia Librería: 233159
ISBN: 9788499145044
Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas.. . Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. EDICIONS XERAIS DE GALICIA EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A. 2013 Rústica con solapas Nuevo Nuevo 6
DIRECCIÓN:
C/Real, 71 Bajo, 15402, Ferrol, A Coruña (España)
CIF: 08737805J
Teléfono: 0034 981350956
Fax: 0034 981369854
Condiciones de gastos y envíos
Condiciones de venta Pago con tarjeta, Transferencia, Paypal o contrarreembolso. Los gastos de envio para Esppaña envio hasta 72 horas su coste 2,98 Iva Incluido. De no recogerse la entrega en destino, la segunda entrega conllevará recargo. Aceptamos devoluciones en el plazo de 14 días desde la fecha de compra para libros (NO TEXTO), envio de devolución a cargo del cliente.
TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER