BUSQUEDA AVANZADA

A rolda nocturna

Sarah Waters

Referencia Librería: 14447
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788498652505
Año: 2009
Tamaño: 21x14 cm.
Colección: Biblioteca compostela de narrativa europea
Estado de conservación: Bueno
Idioma: Galego
Páginas: 524 pp.
Materias: Narrativa

A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozas que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela, a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chega ó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máis premiadas entre as escritoras británicas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar.

Este producto ya no se encuentra a la venta
DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria, pago con tarjeta o bizum

Correos envío ordinario, certificado o mesajería.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación (parte del fondo no está en la tienda).

También hacemos envíos internacionales y a Canarias.

En libros de 60€ o más el envío ordinario es gratuito.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER