BUSQUEDA AVANZADA

Romanceiro en lingua galega

Xosé Ramón Mariño Ferro e Carlos L. Bernárdez

Referencia Librería: 13250
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483027547
Año: 2002
Tamaño: 21x13 cm.
Estado de conservación: Excelente
Idioma: Galego
Páginas: 416 pp.

O romance, como xénero literario, ten de ser englobado dentro da literatura oral tradicional, documentándose a súa presencia desde o final da Idade Media en todos os territorios ocupados polas linguas románicas hispánicas.
Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco. Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco. Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias da literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Móvil: 665308387
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria o pago con tarjeta.

Correos envío ordinario o certificado, mesajería por encima de los 2 kilos.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación.

También hacemos envíos internanionales y a Canarias.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER