BUSQUEDA AVANZADA

Os once

Pierre Michon

Referencia Librería: 14803
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788498652390
Año: 2009
Tamaño: 21x14 cm.
Estado de conservación: Excelente
Idioma: Galego
Páginas: 122 pp

Unha crítica desapadiada do poder, da Historia como instrumento de dominación. Gran Premio de Novela da Academia Francesa Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos. O autor acadou sona internacional con Vies minuscules, libro de relatos que publicou aos 37 anos. Na súa nova novela, Os once, conta a historia dun cadro exposto no Louvre e no que aparecen os membros do Comité de Salvación Pública durante a Revolución Francesa. Michon reconstrúe na novela a historia dese cadro e do momento histórico que aparece reflectido nel. En Os once, Michon conta a historia do pintor François-Élie Corentin, a quen en plena Revolución Francesa lle encargan pintar un cadro no que aparezan retratados os membros do temido Comité de Salvación Pública, "os once", entre os que se encontraban Robespierre e Saint-Just, organismo que levou adiante a denominada política do terror. Nesta viaxe no tempo á que Michon arrastra ós seus lectores grazas á forza de evocación do relato, o escritor francés realiza unha crítica desapiadada do poder para, fronte os grandes persoeiros da Historia, situar as súas vítimas. Os once recrea maxistralmente o París revolucionario, retrata os protagonistas da revolución e critica a Arte que se pon ao servizo do poder político.

DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Móvil: 665308387
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria o pago con tarjeta.

Correos envío ordinario o certificado, mesajería por encima de los 2 kilos.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación.

También hacemos envíos internanionales y a Canarias.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER