BUSQUEDA AVANZADA

Onde mercan os larpeiros

Tomás Alonso e Víctor López

Referencia Librería: 16093
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788498653885
Año: 2011
Tamaño: 20x17 cm.
Estado de conservación: Excelente
Idioma: Galego
Páginas: 196 pp.

Os moitos seguidores de 'Larpeiros', eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra. Tomás Alonso e Víctor López, os autores, percorreron Galicia toda na procura dos ingredientes e mais das persoas, desas boas xentes que con agarimo e alta profesionalidade fabrican pan; crían tenreiras, capóns ou porcos; sementan fabas, pementos ou cogomelos; pescan robalizas e pescadas do pincho; elaboran amendoados, bicas e tortas?, unha festa para os padais máis esixentes. Os nosos "Reis dos Mercados" falaron con eles e interesáronse polas súas angueiras e ilusións, e facilítannos as pistas para chegar aos seus produtos, asegurándonos que a nosa calidade alimentaria medrará moitos enteiros o seu consumo. Di Xosé Cermeño, no limiar, que "este libro encerra a información práctica que converterá a calquera aspirante a larpeiro nun experto das conversas de sobremesa onde os lambóns diplomados compiten por ver quen coñece o mellor sitio para mercar queixo ou comer empanada". Seguindo os itinerarios que se propoñen neste Onde mercan os Larpeiros a diplomatura está asegurada.

Este producto ya no se encuentra a la venta
DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria, pago con tarjeta o bizum

Correos envío ordinario, certificado o mesajería.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación (parte del fondo no está en la tienda).

También hacemos envíos internacionales y a Canarias.

En libros de 60€ o más el envío ordinario es gratuito.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER