BUSQUEDA AVANZADA

MICROBIOS E OUTROS PAQUIDERMOS

DÍAZ-CASTROVERDE, FERNANDO; DÍAZ-CASTROVERDE GÓMEZ, FERNANDO

Referencia Librería: 227331
ISBN: 9788498654066
Nesta quinta edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e publicado por Editorial Galaxia, outorgouse a unha obra na que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz que permite abrollar a ironía e o sentido do humor. O libro premiado, que parte dunha concepción narrativa unitaria e coherente, segundo o autor é un libro para pensar, pois ao traballar cun texto reducido, é o lector quen ten que pechar o círculo que o relato abre. A participación do lector é definitiva nos meus textos. Microbios e outros paquidermos é un bosque de bonsais, un labirinto de espellos polo que demabula Van Gogh, o contemplativo Hioshiro, Saib, Salman o faquir, algún felino, un embalsamador, a princesa e o sapo, unha serpe de Sonora, os comedores de palabras ... e todas as contradicións dos nosos días. Coas palabras xustas e coa axuda implícita do lector, debúxase un camiño de formigas e robinsóns procurando que os desvalidos microbios se transformen en paquidermos na selva do pensamento. Libro de narrativa no que se cuestionan as fronteiras xenéricas e no que os recursos literarios proveñen de xéneros e referencias diversos. EDITORIAL GALAXIA EDITORIAL GALAXIA, S.A. 2012 Rústica (Tapa blanda) Nuevo Nuevo 01
DIRECCIÓN:
C/Real, 71 Bajo, 15402, Ferrol, A Coruña (España)
CIF: 08737805J
Teléfono: 0034 981350956
Fax: 0034 981369854
Condiciones de gastos y envíos
Condiciones de venta Pago con tarjeta, Transferencia, Paypal o contrarreembolso. Los gastos de envio para Esppaña envio hasta 72 horas su coste 2,98 Iva Incluido. De no recogerse la entrega en destino, la segunda entrega conllevará recargo. Aceptamos devoluciones en el plazo de 14 días desde la fecha de compra para libros (NO TEXTO), envio de devolución a cargo del cliente.
TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER