BUSQUEDA AVANZADA

Merlín e a súa historia

Santiago Gutierrez

Referencia Librería: 13262
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483021446
Año: 1997
Tamaño: 21x13 cm.
Estado de conservación: Excelente
Idioma: Galego
Páginas: 328 pp.

A creación do personaxe no ciclo artúrico é a clave da minuciosa e certeira biografía literaria de Merlín, mago, profeta e conselleiro de reis, feita polo xove investigador Santiago Gutiérrez. De pregunta semellante debeu partir a inquedanza de Santiago Gutiérrez: ¿Como fixo, Geoffrey de Monmouth, para inventar Bretaña?, ¿Como fixeron Wace e Chétrien de Troyes? Destes interrogantes nace a primeiriza e ben lograda investigación de S. Gutiérrez que co título Merlín e a súa historia acaba de saír. Primeiriza porque empata directamente coa tesiña de licenciatura deste novo (e annovador) investigador, e ben lograda porque ofrece un resultado callado de madureza e minuciosidade. Comeza Gutiérrez por desenlear a confusa trama na que asoma o mago e profeta, nomeado como Merlius Silvester ou Ambrosius nas crónicas e nas lendas célticas. Estes materiais dispersos serán reelaborados imaxinativamente por Geoffrey de Monmouth, quen en Prophetiae Merlini, Historia Regum Brtitanniae e Vita Merlini inicia a construcción do universo artúrico. Gutiérrez esmiúza a obra de Monnouth para poñer en relevo as pecularidades e orixinalidade da composición do seu Merlín, que pasará a ser a estrela dunha ricaz tradición literaria. O Roman de Brut de Robert Wace converterase despois na ponte de paso ás linguas romances da materia bretona. Na definición da identidade merlinesca foron decisivas as obras de Robert Boron Joseph dArimahie, Merlín, e Perceval; quen será o primeiro en concibir un conxunto de romans, articulados ao redor da empresa do Santo Grial, que arelaban contar a historia do reino de Logres, de Merlin, e de Artur e os seus cabaleiros. Boron mudará a identidade do mago-profeta en profeta do Santo Vaso e asentarao de vez na corte do monarca bretón. Obras posteriores, como a Suite-Vulgata ou a Suite do Merlín virán a arriquecer levemente o perfil do personaxe tracexado, pero mutiplicarán o protagonismo de Merlín no grande relato.

DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Móvil: 665308387
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria o pago con tarjeta.

Correos envío ordinario o certificado, mesajería por encima de los 2 kilos.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación.

También hacemos envíos internanionales y a Canarias.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER