BUSQUEDA AVANZADA

Lukumí

Alfredo Conde

Referencia Librería: 14219
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482888965
Año: 2006
Tamaño: 21x14 cm.
Estado de conservación: Excelente
Idioma: Galego
Páginas: 244 pp.
Materias: Narrativa

Na súa novela que leva por título Lukumí Alfredo Conde narra a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza fanada da utopía internacionalista. Lukumí é a historia do mulato Estevo, marcado por dúas culturas, a do seu pai galego e a da súa nai, descendente de escravos africanos. Nesta novela Alfredo Conde deixa que sexa o protagonista da novela quen conte a historia da familia da súa nai, bailarina do famoso cabaret Tropicana, e máis da súa avoa materna, orgullosa de desdencer de escravos lukumís, unha xinea africana cuxos membros preferiron suicidarse antes que seguir en escravitude. A novela tamén vai descubrindo progresivamente a outra historia da familia do mulato Estevo, fillo dun galego cegado a Cuba para colborar na creación da nova sociedade comunista, tarefa da que axiña se decepciona. As ilusións frustradas acaban por modelar o destino de Estevo, que, cunha voz descrida e escéptica, vai narrando, a traves da historia familiar e da súa propia experiencia, a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza frustrada da utopía internacionalista. Cunha prosa fluída, que habelenciosamente encadea feitos, anécdota e digresión, a novela sitúanos ante o último, e, se cadra, definitivo desengano: as miserias do capitalismo.

Este producto ya no se encuentra a la venta
DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria, pago con tarjeta o bizum

Correos envío ordinario, certificado o mesajería.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación (parte del fondo no está en la tienda).

También hacemos envíos internacionales y a Canarias.

En libros de 60€ o más el envío ordinario es gratuito.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER