BUSQUEDA AVANZADA

Literatura galega : aportacións a unha historia crítica

Anxo

Referencia Librería: 15051
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475077789
Año: 1994
Tamaño: 21x13 cm.
Estado de conservación: sellos expurgo bibliotecario
Idioma: Galego
Páginas: 584 pp.

Este libro de Anxo Tarrío é o froito dunha ducia de anos dedicados ó ensino, crítica e reflexión sobre o feito literario galego e de moitos máis de preparación no apaixonante campo da Lingüística, a Semioloxía, a Teoría da Literatura e a Literatura Comparada. Na cadea de manuais historigráficos da que xa pode presumir a cultura galega, e da que o autor se confesa debedor, a presente publicación ofrece algunhas novidades de interese no que se refire ó punto de vista e á metodoloxía adoptados e tamén pola maneira de amosar ó lector, con claridade expositiva e paso a paso, dende as súas manifestacións na Idade Media ata os nosos días, o proceso de formación dunha literatura que sempre rexurdiu mellorada gracias ó esforzo entusiasta duns poucos homes e mulleres que non perderon a súa profunda confianza nas posibilidades expresivas e estéticas do idioma galego. A información bibliográfica que acompaña a estas Aportacións, froito de numerosas e atentas lecturas, de seguro servirá para atallar moitos camiños á futura investigación e docencia da literatura galega. Pero quizais sexa a peculiar mestura de rigor e seriedade analíticos, con clara vocación de amenidade interpretativa, o que lle preste a este libro a súa dimensión máis salientable.

DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Móvil: 665308387
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria o pago con tarjeta.

Correos envío ordinario o certificado, mesajería por encima de los 2 kilos.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación.

También hacemos envíos internanionales y a Canarias.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER