BUSQUEDA AVANZADA

HEI DE ENTRAR NO MEU POVO: REIVINDICARMOS CARVALHO CALERO

VARIOS AUTORES; DOBARRO PAZ, XOSÉ MARÍA; MAIZ VÁZQUEZ, BERNARDO; XOSE MANUEL PAZO; VITOR SANTALHA

Referencia Librería: 382127
ISBN: 9788417824112
Desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo, situación que se agravaría a raíz do seu falecemento en 1990.. . Son coñecidas as contradicións e presións que, até hoxe, impediron á RAG declaralo protagonista do Día das Letras Galegas. Non é, pois, brincadeira afirmar que o primeiro docente de lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago, o pai lingüístico de varias xeracións, foi vítima dun interesado esquecemento. El mesmo definiu esa realidade : certas elites entenden que non deven realzar a personalidade dun disidente e que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura que eles sinalanö.. . Con certeza, nesa xenreira influíu decisivamente o feito de don Ricardo defender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico galego-portugués, opción diferente, xa que logo, da oficial. Mais tamén a súa exemplar dignidade persoal, a súa independencia cívica e a súa coherencia fronte aos que, como el escribiu, o deixaron só, fundando unha colónia co mesmo nomeö. Nese sectarismo persistiron até hai uns días.. . Non obstante, en diferentes lugares do país, tamén houbo actividades diversas encamiñadas a reivindicar a figura do profesor Carvalho Calero. En 2010, 2011, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018, montáronse en Ferrolterra comisións encamiñadas a promover a concesión das Letras Galegas a Carvalho Calero, que acadaron, en todas as ocasións, abondosos apoios institucionais, asociativos e particulares. Recolléronse sinaturas, organizáronse recitais, conferencias, exposicións, para que lle fóra dedicado o Día da nosa lingua e cultura a don Ricardo, esgrévioö galeguista que ao longo de máis de sete décadas desenvolvera un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, académico, lingüístico, docente, político a prol da Galiza, da nosa lingua e da nosa cultura. Porén, a Real Academia Galega nunca tomou en consideración positiva a proposta. Sempre apareceu algún pero que lle apor.. . Neste xuño de 2019, tanto quen na RAG sempre defenderon a figura de Carvalho Calero como quen a el se opuñan, van propor as Letras Galegas 2020 para don Ricardo, un xigante nun país de moit@s anan@s. Avaliamos como moi positiva esta decisión e facemos votos para que a sociedade ferrolá e a Galiza enteira tiren o máximo proveito desta circunstancia. EMBORA EDICIONES EDICIÓNS EMBORA 2019 Rústica con solapas Nuevo Nuevo 1
DIRECCIÓN:
C/Real, 71 Bajo, 15402, Ferrol, A Coruña (España)
CIF: 08737805J
Teléfono: 0034 981350956
Fax: 0034 981369854
Condiciones de gastos y envíos
Condiciones de venta Pago con tarjeta, Transferencia, Paypal o contrarreembolso. Los gastos de envio para Esppaña envio hasta 72 horas su coste 2,98 Iva Incluido. De no recogerse la entrega en destino, la segunda entrega conllevará recargo. Aceptamos devoluciones en el plazo de 14 días desde la fecha de compra para libros (NO TEXTO), envio de devolución a cargo del cliente.
TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER