BUSQUEDA AVANZADA

CORRE CORRE, CABACIÑA

MEJUTO, EVA; LETRIA, ANDRÉ

Referencia Librería: 326763
ISBN: 9788498715323
LETRIA, ANDRÉ Non vin vella nin velliña, . nin velliña nin vellón. . Corre corre, cabaciña. . Corre corre, cabazón!, . respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, . ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. . Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras? . . Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.. . Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras.. . Cun ritmo áxil e co lenga lenga case un trabalinguas, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.. . Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.. . Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués. Ilustracións de André Letria Editora OQO EDITORA OQO 2006 Tapa dura Nuevo Nuevo 2
Este producto ya no se encuentra a la venta
DIRECCIÓN:
C/Real, 71 Bajo, 15402, Ferrol, A Coruña (España)
CIF: 08737805J
Teléfono: 0034 981350956
Fax: 0034 981369854
Condiciones de gastos y envíos
Condiciones de venta Pago con tarjeta, Transferencia, Paypal o contrarreembolso. Los gastos de envio para Esppaña envio hasta 72 horas su coste 2,98 Iva Incluido. De no recogerse la entrega en destino, la segunda entrega conllevará recargo. Aceptamos devoluciones en el plazo de 14 días desde la fecha de compra para libros (NO TEXTO), envio de devolución a cargo del cliente.
TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER