BUSQUEDA AVANZADA

Códice Calixtino (en galego) ilustrado por Francisco Leiro

Xosé López

Referencia Librería: 551
Nove séculos despois, a primeira gran obra enciclopédica sobre a historia, a xeografía, a arte e a espiritualidade do Camiño de Santiago atopa versión íntegra en galego. coa tradución do «Códice Calixtino» a cargo de Xosé López e ilustrada polo artista Francisco Leiro. A versión do «Liber Sancti Iacobi» conservada na Catedral de Santiago consta de 225 folios e foi promovida para loubar a figura do Apóstolo Santiago. Composta por cinco libros independentes, unha carta que se atribúe ao Papa Calixto II e abre o volume, máis dous apéndices. Un dos grandes atractivos do «Códex» está no seu libro quinto, «Iter pro peregrinis ad Compostellam», que constitúe unha auténtica guía sobre a vía máis tradicional de peregrinaxe a Santiago, o Camiño Francés. O «Códex Calixtinus» ábrese coa «Anthologia liturgica» («Libro das Liturxias»), que ten unha extensión moi importante e recolle misas, sermóns, oficios e dous martiroloxios. As misas e os oficios contan con notación musical. «De miraculi sancti Jacobi» («Libro dos Milagres de Santiago») é o título da seguinte peza da obra, e reúne 22 milagres atribuídas a Santiago en diferentes rexións de Europa. Na antoloxía terían colaborado o Papa Calixto II, Anselmo de Canterbury, Beda o Venerable e o Maestro Huberto. O terceiro segmento, «Liber de translatione corporis sancti Jacobi ad Compostellam» («Libro da traslación do corpo de Santiago a Compostela»), é a sección máis curta do «Calixtino». Recolle, en seis folios, a etapa de evanxelización de Santiago pola Hispania da época e a traslación dos seus restos mortais, dende Xerusalén a Galicia. No penúltimo folio fálase da costume de recoller cunchas dos visitantes a Galicia. A «L´Historia Karoli Magni et Rotholandi» («Historia de Carlomagno e Rolando»), parte tamén coñecida como «Pseudo-Turpin» por ser atribuída ao monxe do século VIII do menos nome, é o Libro IV da obra. Esta parte foi agregada ao aorixinal en 1966, durante a súa restauración, xa que fora arrancado. Trata da entrada do emperador na Península, da súa loita cos musulmáns a instancias do Santo e da morte de Roldán. Nesta parte, Santiago pide a Carlomagno que libere a súa tumba seguindo un camiño de estrelas («Via Stellae»). Por último, o Libro V, «Iter pro peregrinis ad Compostellam», é quizais o máis coñecido por terse convertido nunha auténtica guía para os camiñantes a Compostela. Explica as diferentes xornadas da peregrinaxe, describe as poboacións e as xentes que nelas habitan, e incluso a salubridade ou insalubridade dos ríos. Tamén os santuarios que poden visitarse na travesía. Inclúe unha extensa descrición da Catedral. Galego
Este producto ya no se encuentra a la venta
Condiciones de gastos y envíos

Si eliges como forma de pago la transferencia bancaria (o ingreso en efectivo), te enviaremos un mensaje indicándote el número de nuestra cuenta y el importe total, incluyendo los gastos de envío. Para todos los pedidos, informamos al cliente/a de la realización del envío.

Pago por ingreso en efectivo o transferencia bancaria a la cuenta:

IBAN: ES35 3070 0046 4461 9183 7522

Entidad Bancaria: CAJA RURAL

Titular: MARUXAIRAS, S.L.

Pago con tarjeta de crédito a través de nuestra página web www.maruxairas.gal y de UNILIBER.

  • Gastos de envío para Galicia5 €
  • Gastos de envío resto del Estado, Baleares, Ceuta y Melilla: 7€
  • Gastos de envío para Portugal y Canarias: desde 10€

Envío: al día siguiente de recibir el aviso de pago.

Desde nuestra página web los gastos de envío se calculan automáticamente al hacer el pedido:  www.maruxairas.gal 

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER