BUSQUEDA AVANZADA

As ondas

Virginia Woolf

Referencia Librería: 18153
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482887227
Año: 2004
Tamaño: 21x14 cm.
Colección: Clásicos universais
Estado de conservación: Muy bueno
Idioma: Galego
Páginas: 252 pp.
Materias: Narrativa

Desde que foi publicada en 1931, 'As ondas' é unha desas novelas que non deixa de engaiolar as lectoras e lectores pola fondura e sutileza coa que penetra na experiencia humana. Virginia Woolf logrou condensar nela gran parte desa vida que, en verbas escritas por Otero Pedrayo en 'Devalar', flúe nas 'intensas avenidas do xardín interior'. Traducida agora por primeira vez para o galego, aparece na colección Clásicos Universais, publicada por Editorial Galaxia en colaboración coa Fundación Caixa GaIicia.
A carón de 'Mrs. Dalloway' e 'Cara ao faro', as outras dúas novelas centrais da obra de Virginia Woolf, 'As ondas' consegue expresar coa meirande intensidade e beleza a complexidade da experiencia humana. A novela acada unha forma de narrar que racha os arquetipos literarios, descu- brindo unha linguaxe nova, aberta ás sensacións e ás emocións pero sen perder a capacidade de reflexión, a ironía e o pulo narrativo das grandes obras.
A vida dun grupo de amigos, desde a infancia ata a mocidade e a idade adulta, centra a historia que Virginia Woolf conta dunha maneira diferente e nada convencional. A escritora pescuda nas relacións entre a vida individual e os condicionamentos dunha sociedade e dun tempo: as arelas, os triunfos e tamén os fracasos, a sensación de unidade a carón da de illamento, o pasado e o presente como eixo da procura do senso da vida. A escritora inglesa, con quen Ramón Otero Pedrayo dialoga na súa novela 'Devalar', logra atinguir unha prosa chea de matices e tonalidades, cunha expresión sensitiva fóra do común, para condensar nunha obra de ficción a experiencia humana nas súas facetas múltiples e contraditorias.

Este producto ya no se encuentra a la venta
DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria, pago con tarjeta o bizum

Correos envío ordinario, certificado o mesajería.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación (parte del fondo no está en la tienda).

También hacemos envíos internacionales y a Canarias.

En libros de 60€ o más el envío ordinario es gratuito.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER