BUSQUEDA AVANZADA

A cantiga de amor

Vicenç Beltran

Referencia Librería: 14200
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079431
Año: 1995
Tamaño: 21x13 cm.
Estado de conservación: Excelente
Idioma: Galego
Páginas: 272 gr.

En A cantiga de amor, segundo volume da Historia Crítica da Literatura Medieval que publica Xerais, Vicenç Beltrán realiza un esforzo por anovar totalmente os estudios sobre este xénero literario que, logo de ter ocupado o lugar central da estética trobadoresca, foi incomprendido e menosprezado por filólogos, críticos e lectores. Neste volume, o autor revisa o estado da cuestión nos problemas habituais destes estudios (o amor cortés, os problemas de construcción estrófica, a retórica da expresión) pero faino desde unha perspectiva totalmente nova: o intento de construír unha poética cortés que non parta dos presupostos neorrománticos aplicados polo xeral á poesía medieval, senón da experiencia formal, esteticista e experimentalista das vangardas estéticas deste século e da experiencia do formalismo e mailo estructuralismo na moderna teoría literaria. De aí a aparición de aspectos marcadamente innovadores, moi en particular a articulación do poema como un todo artístico a partir dos recursos retóricos, o paralelismo e o conceptismo. A cantiga de amor deixa de ser un apéndice da poesía provenzal para adquirir personalidade propia e orixinal no seo da lírica medieval europea. Un volume imprescindible para o lector afeccionado, o filólogo e o historiador da literatura.

DIRECCIÓN:
Rúa Pombal nº 34 bajo, Santiago de Compostela, A Coruña (España)
CIF: 76723630T
Teléfono: 881 031 697
Móvil: 665308387
Condiciones de gastos y envíos

Ingreso en cuenta, transferencia bancaria o pago con tarjeta.

Correos envío ordinario o certificado, mesajería por encima de los 2 kilos.

Opción de recogida en librería sin costes, avisando con antelación.

También hacemos envíos internanionales y a Canarias.

TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER